mércores, 16 de maio de 2018

VAI DE CONTOS!!!

A tarde do luns 14 de maio foi moi especial!! O alumnado de Oratoria tivo a grande sorte de traballar con Nate Borrajo, integrante de Sarabela Teatro, nun obradoiro de contacontos. Nate explicounos as claves para narrar atrapando a atención do público e proporcionounos moitos trucos para as nosas propias historias. O máis fantástico foi escoitala a ela relatando a lenda do pai que tiña tres fillas e unha delas foi desterrada por dicirlle que "o quería tanto coma o pote quere sal".
Agora somos nós quen ten por diante a tarefa de pensar nunha historia e contárllela aos nosos compañeiros e compañeiras!!!



Ningún comentario:

Publicar un comentario